Simposio
miniatura|Unha muller toca un aulos para entreter os homes dun simposio (arte ático, c. 420 a. C.)
Na Grecia antiga, o simposio (grego: συμπόσιον symposion, de συμπίνειν ''sympinein'', "beber xuntos") era unha festa na que se bebía. Entre as obras literarias que describen ou teñen lugar nun simposio inclúense dous diálogos socráticos, o ''Simposio'' de Platón e o ''Simposio'', de Xenofonte así como algúns poemas gregos como as elexías de Teognis de Megara. Os simposios figuran en pinturas gregas e etruscas que mostran escenas similares.O equivalente na sociedade romana é o ''convivium'' latino.
Posteriorente a palabra pasou a designar unha reunión na que se conversa e analiza un tema ou un aspecto concreto dalgunha disciplina. Provided by Wikipedia