Foro
O termo foro pode referirse a:* Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral. * Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa. * Foro, praza das urbes da antiga Roma que constituía o centro da vida pública, o exemplo máis salientable é o do Foro Romano, a cerna da cidade de Roma. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos ''foros'': ** O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano ** Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións. ** Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza. ** Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual: *** Foro de Internet Provided by Wikipedia