Peter Atkins
Peter William Atkins, nado o 10 de agosto de 1940 en Amersham, Buckinghamshire, é un químico inglés e profesor de química en Lincoln College da University of Oxford até o seu retiro no 2007. É un escritor prolífico de libros de texto de química entre os que se inclúe ''Química física'', ''Química inorgánica'' e ''Mecánica cuántica molecular'', tres libros de texto moi populares no mundo. A ''Química física'' de Atkins, da que actualmente é coautor xunto con Julio de Paula (Haverford College), ten numerosas edicións no mercado. Tamén está reeditado ''Química cuántica'' (''Mecánica cuántica molecular - Molecular Quantum Mechanics'').Tamén é autor de numerosos traballos de divulgación científica, entre os que destacan ''As moléculas de Atkins'' (''Atkins' Molecules'') e ''O dedo de Galileo. As dez grandes ideas da ciencia'' (''Galileo's Finger: The Ten Great Ideas of Science''). Provided by Wikipedia